ESCAPE ROOM – NOITE MEIGA
Este evento xa rematou
-
Data
21 de Xuño de 2024
-
Horario
21:30 - 23:30
O 21 de xuño ás 21:30 agardámosvos na Praza da Revolta (San Isidro), para dar a benvida a un novo desafío chegado á nosa vila: ESCAPE ROOM – NOITE MEIGA.
Por equipos de 4/5 persoas, teredes que resolver probas e retos sobre os diferentes mitos que rodean a nosa terra. Protagonizaran estas probas personaxes como o lobishome, as meigas e a santa compaña‼️
As inscricións estarán abertas ata esgotar prazas, e como o podedes facer? Mandade un correo a coxcedeira@gmail.com poñendo ESCAPE-ROOM e o nome das persoas que queredes participar, ou presencialmente no Centro de Ocio Xuvenil.
E se non tedes equipo completo… non vos preocupedes!! Ninguén quedará sen participar nesta actividade (Menores de 12 años teñen que ir acompañados dunha persoa adulta)
Quen será o equipo que consiga resolver todos os enigmas? Agardámosvos!!🤩
En caso de choiva, avisaremos con tempo o cambio de localización.
[PROXECTO ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS]