Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Contraproducións presenta: “Entrega en man”

Este evento xa rematou

Sábado 29 de marzo ás 20.00h no Auditorio Municipal.
Público Adulto.
Entrada: 3,5 € . Venda en taquilla desde unha hora antes.

Autor: Martin McDonagh
Título orixinal: A Behanding in Spokane
Unha comedia tola e denegrida na que, da man dun humor mordaz e corrosivo, no xeito peculiar de Martin McDonagh, zumegan temas tan candentes coma o racismo, o machismo e a xenofobia.

Cuarto ruín dun hotel cutre nunha anónima vila americana.

Carmichael, un supremacista branco estrafalario e agresivo, ofrece unha recompensa por recuperar a man que lle cortaron de adolescente nun acto de absurda violencia.

O mozo negro Toby e a súa noiva branca Marilyn pretenden enganar a Carmichael ofrecéndolle unha man roubada nun museo e que, polo escura que é, non parece ser a súa.

Mervyn, o recepcionista do hotel, un tipo estrambótico e algo surrealista, intervén en tan insólita transacción e desátase…

Elenco: Evaristo Calvo, María Roja, Santi Romay, Diogo Sales
Escenografía e atrezzo: Pablo Giráldez “O Pastor”
Vestiario: Martina Cambeiro
Iluminación: Afonso Castro
Música: Guillerme Fernández
Axudante de dirección: Antonio Mourelos
Dirección de produción: Belén Pichel
Versión e dirección de escena: Cándido Pazó

Back to top