Concerto de Cardo-Roxo
Este evento xa rematou
-
Data
10 de Maio de 2025
-
Horario
20:00
-
Auditorio Municipal
Rúa María Mediadora esquina rúa Convento - Cedeira
Sábado 10 de maio ás 20.00h no Auditorio Municipal de Cedeira.
Entrada libre ata completar ocupación.
Cardo-Roxo é un conxunto musical inspirado na música tradicional portuguesa, potenciando as súas posibilidades con novos arranxos para diferentes formacións que van dende o trío ata o octeto.
Con 7 discos gravados, Cardo-Roxo é un grupo de referencia no panorama da música folk portuguesa cun traballo relevante na recuperación e actualización do patrimonio musical portugués e con ducias de concertos nalgúns dos mellores festivais e salas de concertos de Portugal e Europa.
Desde os seus inicios, hai 11 anos, Cardo-Roxo atopou o apoio dalgúns dos máis importantes xornalistas radiofónicos que traballan no ámbito da música folk en Portugal, como Inês Almeida – Antena 2, Armando Carvalheda e Sofia Carvalheda Antena 1, Carlos Ferreira – Diana FM, entre outros.
O seu último disco, “Além do Rio”, publicado en decembro de 2024, é a culminación de 2 anos de traballo e foi gravado en 12 monumentos diferentes cunha acústica natural excepcional.