Cine documental “A viaxe de Lucy” (ciclo mestre mateo 2024)
Este evento xa rematou
-
Data
11 de Outubro de 2024
-
Horario
21:00 - 23:00
-
Auditorio Municipal
Rúa María Mediadora esquina rúa Convento - Cedeira
Venres 11 de outubro ás 21.00h no Auditorio Municipal.
SINOPSE
Traballou nunha compañía de seguros durante 40 anos. Todos os días erguíase ás 6 e acostábase ás 9. Nos seus días tranquilos non hai peripecias reseñables, nin grandes dramas. Ninguén diría que este home de vida ordinaria e aburrida é o autor dunha das obras poéticas máis singulares do século XX. Cando se lle pediu unha reseña biográfica para presentar a súa obra, o poeta modernista estadounidense Wallace Stevens negouse a escribila. Cría profundamente que a poesía non é persoal e que a voz que estaba detrás dos seus poemas era en realidade a voz dun Outro. Alguén, ao lonxe, observa as casas idénticas nos suburbios solitarios de Estados Unidos. Na cidade dos cartos, onte e hoxe, unha multitude camiña sen descanso. Voces sen rostro len fragmentos das cartas do poeta. Un paxaro de plumas douradas canta unha canción.
CANDIDATURAS XXI PREMIOS MESTRE MATEO
Finalista: Mellor documental
Finalista: Mellor dirección de fotografía
Finalista: Mellor dirección de produción
FICHA TÉCNICA
● Dirección:Ruth Chao
● Produtores: Ruth Chao, Alphonse de la Puente
● Produtores executivos:Ruth Chao, Alphonse de la Puente, Alicia Veira
● Guionistas: Alphonse de la Puente, Ruth Chao
● Montadora: Cristina Liz
● Segundos montadores: Óscar Pardo, Laura Piñeiro
● Música orixinal: Juan Ramón Salgueiro
● Axudantes de producción: Natalia Porca, Cecilia Santiago
● Produción Unidade Cabo Cañaveral: Robin Champagner, Rachael Nail, Jim Lewis
● Director de Fotografía: Santiago Raimundi