Charla informativa do Chef e educador Juan LLorca
Este evento xa rematou
-
Data
22 de Marzo de 2025
-
Horario
18:00
-
Auditorio Municipal
Rúa María Mediadora esquina rúa Convento - Cedeira
Desde a ANPA Picapeixe do CEIP Nicolás del Río de Cedeira (A Coruña), temos os pracer de vos anunciar a presenza do cociñeiro e educador Juan Llorca en terras galegas,
que terá lugar o próximo mes de marzo no Auditorio Municipal da nosa vila. As datas das charlas serán o 22 de marzo en horario de 18:00 e o domingo 23 ás 11:00. Ambas charlas abordarán temáticas diferentes.
Sábado 22: ALIMENTACIÓN INFANTIL
Juan abordará os principais puntos a ter en conta nos primeiros anos de vida das crianzas, dando unha información contrastada sobre o que hai que ter en conta á hora de entender a súa alimentación, cousas que non teñen tanto peso dentro da dieta infantil e solventará todas aquelas dúbidas que poidan xurdir.
Domingo 23: DESPENSA 3.0
Juan amosaranos, de xeito ameno e contrastado, a elaborar un menú na casa e aprenderanos a facelo de forma sinxela. Aprenderemos cales son os básicos que non poden faltar nas nosas despensas para levar unha alimentación variada e equilibrada.
Serán as súas dúas únicas datas en Galicia, así que cremos que é unha boa oportunidade para achegarse á nosa vila e asistir a estas charlas que, sen dúbida, aportarán máis información sobre para que tanto docentes como familias tomen conciencia da importancia dunha alimentación saudable e variada tanto na infancia como ao longo da nosa vida. Reserva a túa entrada en https://my.weezevent.com/charla-juan-llorca