8ª edición do Campionato Galego de Dúatlon de Menores
-
Data
23 de Maio de 2026
-
Horario
10:00
O vindeiro 23 de maio, Cedeira acollerá a 8ª edición do Campionato Galego de Dúatlon de Menores, unha cita xa consolidada dentro do calendario autonómico e que ano tras ano continúa medrando en nivel deportivo, participación e repercusión.
Dende o Club Natación Cedeira estamos moi orgullosos de organizar un evento destas características, que converterá a nosa vila nun punto de encontro para as mellores promesas do tríatlon galego, cun nivel cada vez máis alto e competitivo.
Espérase a participación de arredor de 400 deportistas, desde as categorías de base ata os máis novos talentos do noso deporte, nunha xornada que encherá Cedeira de ambiente deportivo, familias, afección e valores como o esforzo, a superación e o compañeirismo.