DÉMOSLLE VOZ ÁS CRIANZAS
Co gallo da celebración do Día do Orgullo LGTBI, o Concello de Cedeira quixo escoitar ás crianzas. Deixamos falar a nenas e nenos sobre amor, coidados, e de como cada familia é única. Contáronos que o importante non é quen está, senón como se está, se hai abrazos, tempo para xogar, palabras bonitas e alguén que acompañe cando fai falta.
O resultado deste traballo son tres vídeos que difundimos nas redes sociais do Concello, e que podes ver e escoitar aquí tamén.
NACEMOS SEN PREXUÍZOS
Porque as crianzas nos primeros anos de vida non distinguen entre razas, xénero nin tipos de familia. Todo o que aprenden, fano dende a súa contorna, dende os seus vínculos, dende os seus modelos afectivos, dende as mensaxes explícitas e implícitas que reciben, dende os exemplos cotiás das palabras que escoitan e das emocións que reciben.
A neurociencia confírmao. O amor, a empatía e a capacidade de aceptar a diversidade son cualidades humanas que florecen nun ambiente seguro e respectuoso. Referentes como John Bowlby, pionero na teoría da apego, demostraron que os vínculos afectivos temperáns determinan a maneira na que nos relacionamos co mundo.
Nils Bergman, dende a neurociencia perinatal, explica que o cerebro da criatura está deseñado para a conexión e a cooperación. Ibone Olza, psiquiatra perinatal, lembra que os primeiros anos de vida son clave para sementar o respecto, a compaixón e o sentimento de pertenza. Tamén nomearon familias diversas, sen xuízos nin etiquetas e todas valiosas.
FAMILIAS HAI MOITAS. O AMOR É O MESMO
Unha amiga que ten os pais separados, e a nai ten un mozo e o pai tamén ten outro mozo. As que ven máis a tele e mesmo a dos réptiles e a dos anfibios. Cando lles preguntamos ás crianzas que tipo de familias coñecen, as súas respostas dinos algo poderoso.
Non perciben diferenzas que separen, senón detalles que fan única cada convivencia. O evidente é que para elas unha familia non se define pola estructura, senón polos vínculos, polos coidados e polos pequenos detalles que as fan únicas. Non hai xuízos, nin xerarquías, nin etiquetas, só vida compartida e afecto construído día a día.
A ciencia non deixa lugar a dúbidas. O obstetra e investigador Michel Odent lembra que o sistema nervioso humano nace preparado para a conexión e a cooperación. Cristina Cortés Viniegras fala dunha neurobioloxía do vínculo, que se tece a través do contacto e da seguridade emocional.
E pola súa parte, Isabel Fernández del Castillo destaca que as primeras experiencias marcan a forma de ver o mundo e de sentírmonos nel. Tamén deixaron claro que respectar é importante. E tamén que se pode aprender, xa que podería ser o fin do mundo hoxe mesmo se nos tratásemos todas mal.
O PRINCIPAL É O RESPECTO
As crianzas falan claro. O respecto constrúese desde os pequenos xestos, os que fan sentir que todas as persoas teñen un lugar onde ser, sen medo. Adolfo Gómez Papí insiste en que unha crianza respectada medra para ser unha adulta que respecta.
Educar non é impoñer normas, senón acompañar dende o vínculo e a compresión. Ademais, lémbranos Ibone Olza, o respecto non se ensina dende o medo nin dende a obediencia, senón co exemplo diario, coa mirada que recoñece e coa palabra que acolle. Neste mesmo sentido, Casilda Rodrígáñez defende que nacemos cun potencial amoroso natural, que é reprimido dende a infancia, e se non se censura, o respecto, o coidado e a aceptación emerxen de forma espontánea.
Se queremos un mundo máis xusto, temos que cultivar o respecto como se cultiva a empatía, a través da presenza, do exemplo e da palabra vida.
Por iso, co motivo do Día do Orgullo dende a Consellería de Igualdade de Cedeira, quixemos facer algo sinxelo pero profundo, escoitar ás crianzas, protexer a súa mirada e aprender con elas. E sen dúbida que dou nos unha mensaxe moi clara: nacemos sen prexuízos, e podemos crecer sen eles.
Se les damos voz ás nosas crianzas, descubrimos un mundo máis xusto, amoroso, e coa liberdade de ser e sentir.