Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Fomento da sensibilización e investigación ambiental sobre a biodiversidade do medio mariño de Cedeira.

O proxecto «Coidamos Cedeira» persigue o coidado do litoral de Cedeira e a posta en valor do seu medio natural e recursos asociados a través de diferentes actuacións de divulgación e sensibilización, así como do fomento da investigación e a conservación. As súas actividades irán dirixidas a distintos públicos: estudantes, profesionais, investigadores e público xeral.

COIDAMOS CEDEIRA inclúe o desenvolvemento de obradoiros para a concienciación sobre a importancia do coidado do medio en centros escolares (relacionados co currículo educativo); un certame no que os e as estudantes presentarán traballos sobre os contidos traballados nos obradoiros, estimulando a investigación e divulgación de contidos entre o alumnado; unha xornada divulgativa sobre a sostibilidade, dirixida a público adulto e na que participarán persoas expertas; e, finalmente, desenvolverase un programa de captación de investigacións universitarias sobre as problemáticas ambientais que afectan á biodiversidade do medio mariño e aos propios recursos pesqueiros. Ademais, o proxecto levará a cabo outras tres accións que serán complementariasás anteriores: deseño dunha imaxe para o proxecto, accións de promoción en redes sociais e medios e a elaboración de material didáctico de apoio para os obradoiros e as xornadas.

«Coidamos Cedeira» é unha iniciativa promovida polo Concello de Cedeira, presentada á convocatoria de 2024 para a obtención das axudas no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, xestionadas polo GALP a Mariña – Ortegal.

O proxecto foi beneficiario da seguinte axuda:

IMPORTE TOTAL SUBVENCIONADO: 70.813,75 €

70% FEMPA | 49.569,63 €

30% Comunidade Autónoma | 21.244,12 €

Coste do proxecto por anualidades:

2024 | 11.653,44 €

2025 | 23.874,44 €

2026 | 35.285,87 €

COIDAMOS CEDEIRAten como obxectivo estratéxicoo fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluíndo o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo.

Como obxectivo específicotrata decoidar a biodiversidade mariña da zona costeira e manter os recursos pesqueiros das rías.

Para alcanzar os obxectivos descritos levaranse a cabo as seguintes actuacións ao longo das anualidades 2024, 2025 e 2026:

Acción 2024 2025 2026
1 Deseño da imaxe gráfica do proxecto X
2 Accións de promoción X X X
3 Elaboración de material didáctico X X
4 Obradoiros en centros escolares X X X
5 Certame escolar sobre as problemáticas ambientais en Cedeira X X X
6 Xornada “Sostibilidade a toda costa” X
7 Premio investigación ambiental no concello de Cedeira X X X

Back to top