CELEBRADA A PRESENTACIÓN DA COPA XUNTA DE GALICIA 2025 EN CEDEIRA
Hoxe, xoves 25 de setembro ás 13:00 horas, tivo lugar no Concello de Cedeira o acto de presentación da Copa Voleibol Xunta de Galicia 2025, que se celebrará os días 27 e 28 de setembro no Pavillón Municipal da vila.
No acto participaron Dª Martina Aneiros Barros, Delegada Territorial da Xunta en Ferrol, D. Pablo Diego Moreda Gil, Alcalde do Concello de Cedeira, Dª María Pernas, concelleira de Deportes de Cedeira e D. José Ramón Baña, secretario da Federación Galega de Voleibol.
A Federación Galega de Voleibol quere expresar o seu máis sincero agradecemento ao Concello de Cedeira pola súa disposición para acoller esta importante cita deportiva, á Xunta de Galicia polo seu constante apoio ao voleibol galego e, moi especialmente, ao club Aldebarán San Sadurniño, cuxa colaboración resulta fundamental para facer posible a organización deste evento que marca o inicio da tempada de pista 2025-2026.
Horarios de competición
- Sábado 27 (categoría masculina):
• Semifinal 1 → 10:30 h – Aldebarán San Sadurniño vs. Arenal Emevé
• Semifinal 2 → 12:30 h – Rotogal Boiro vs Vólei Dumbría
• Final → 17:30 h - Domingo 28 (categoría feminina):
• Semifinal 1 → 10:30 h – Arenal Emevé vs. Xuvenil Teis.
• Semifinal 2 → 12:30 h – Aceites Abril Voley Ourense vs Cv Zalaeta
• Final → 17:30 h
A entrada ao Pavillón Municipal de Cedeira será de balde e libre para todos os públicos, e ademais toda a competición poderá seguirse tamén en streaming, permitindo que os afeccionados desfruten do mellor voleibol galego tanto de maneira presencial coma a distancia.
FONTE DA NOTICIA E FOTOGRAFÍA https://volei.gal/2025/09/25/celebrada-a-presentacion-da-copa-xunta-de-galicia-2025-en-cedeira/