CEDEIRA ACOLLERÁ EN NOVEMBRO DÚAS XORNADAS DA COPA 5X5 DE BALONMÁN NA RÚA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Cedeira será un dos sete municipios da provincia nos que se vai disputar a Copa 5×5 de Balonmán na Rúa Deputación da Coruña 2025. Repite a vila por segundo ano consecutivo ao brindarse para acoller o evento deportivo, que chega este ano á súa tercera edición como unha aposta por achegar este deporte ás familias, convertendo os espazos públicos en pistas nas que nenos e nenas podan iniciarse neste xogo.
A iniciativa presentouse este martes en Santa Comba, localidade na que arrancou o evento, que se vai desenvolver en diferentes datas de setembro a novembro nas localidades de Narón, Santiago de Compostela, Carnota, Noia e Negreira, así como en Cedeira. Aquí fará parada os días 7 e 8 de novembro.
Participarán equipos mixtos das categorías benxamín e alevín (2º a 6º de Primaria), cun enfoque educativo, inclusivo e participativo. Cómpre sinalar que as anteriores edicións do evento motivou a creación de novos clubs e escolas deportivas de balonmán en diferentes localidades.
O Concello de Cedeira colabora por segundo ano consecutivo na proposta, en liña coa firme aposta polo deporte que se fai desde o equipo de goberno municipal como unha forma de promover os hábitos saudables e os valores como o esforzo, o respeto, o traballo en equipo ou a perseverencia que se viven dentro da práctica deportiva, valores que melloran as habilidades sociais e emocionais e contribuen ao desenvolvemento integral das persoas.