Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Festival Atlántica

Volve a Teixido o festival internacional de narración oral Atlántica!!
O vindeiro día 3 de xullo, ás 20.30h no adro da igrexa de Santo André de Teixido, Inacio Vilariño (Fantoches Baj) contará “A viaxe feliz de Ramón Sanfiz”.
Despois de deixar dúas pedras no amilladoiro de Santo André de Teixido, Ramón Sanfiz, alter ego de Fernández del Riego e músico da Rondalla Mindoniense do Pallarego, preséntase ante a xente alí reunida e cóntalle como foi a súa viaxe en triciclo desde Ourense ata Teixido, seguindo os pasos de Ramón Otero Pedrayo. Para iso servirase de instrumentos musicais tales como unha caixa de música, un pandeiro ou un timple canario, e de obxectos como marionetas, un jumping-jack ou un kamishibai. Son elementos que leva no seu triciclo e que vai sacando ao tempo que relata os lugares polos que pasou na súa travesía a Santo André, e que darán pé aos contos, cancións, historias, lendas e romances atopados por Ramón Otero Pedrayo na súa Pelerinaxe polo centro de Galicia, que remata na serra da Capelada
Back to top