Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

RESPIRA CEDEIRA. RUTA PARA COÑECER E DESFRUTAR DA PAISAXE E AS ACTIVIDADES MARIÑEIRAS DA VILA

Este venres 31 de outubro e o próximo domingo 2 de novembro levaranse a cabo dúas xornadas desta ruta guiada gratuíta sobre o paisaxe e a actividade mariñeira de Cedeira. As inscricións deberán realizarse a través do seguinte formulario: https://forms.gle/P3fd68cfCUxQKThd9.

A ruta mariñeira consta dun percorrido circular que ten o seu inicio e o seu final no parque de San Isidro, e transcorre por lugares destacados do paisaxe da vila coma as fábricas de San Isidro, as cetáreas, a cala Mi Señora, o faro de Robaleira, a cala Burbullas e a desembocadura do Río Mestas.

O Concello de Cedeira ofrece esta visita guiada gratuíta en dúas xornadas diferentes: o venres 31 de outubro e o domingo 2 de novembro. Ambos días a partir das 16:30 horas. É precisa a inscrición a través do seguinte formulario: https://forms.gle/P3fd68cfCUxQKThd9.

Esta ruta presenta unha gran cantidade de atractivos naturais, paisaxísticos e aqueles que están relacionados có mar e a actividade mariñeira . Partindo dende o parque de San Isidro, onde hai anos se atopaban algunhas das fábricas nas que centos de mulleres traballan coa salazón e as conservas, o percorrido esténdese ata o final da Praia da Magdalena onde se poderán observar os restos dunha destas fábricas (os únicos que quedan a día de hoxe na Vila de Cedeira). Máis adiante atópanse os restos dunha antiga cetárea, típicas destas zonas de Costa. As calas como Mi Señora ou Burbullas, nas que se pode desfrutar das vistas da entrada da ría de Cedeira que a día de hoxe é reserva marítima, ou o mesmo faro da Robaleira, fan desta, unha ruta con un gran protagonismo do mar e da súa actividade, sempre presente nas costas da zona.

Este tipo de rutas enmarcadas no proxecto “Respira Cedeira” preséntanse como unha alternativa de ocio activo para a poboación local e visitante con diferentes perfís. Estas mesturan a divulgación sobre diferentes temáticas de interese do litoral, a posta en valor dos recursos da contorna e o turismo activo, grazas á colaboración de guías especializados.

O proxecto “Respira Cedeira” ten como obxectivo promocionar o patrimonio de Cedeira dende distintos ámbitos, creando produtos turísticos sostibles que axuden a desestacionalizar a actividade turística, crear relacións positivas co entorno e repercutir positivamente no desenvolvemento local. Foi impulsado polo Concello de Cedeira para financiación do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, a través das axudas outorgadas polo GALP A Mariña – Ortegal na convocatoria 2023.

Back to top