Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE CEDEIRA ORGANIZA UN CURSO DE ESCRITURA CREATIVA QUE IMPARTIRÁ A ESCRITORA ALICIA FREIRE

O Concello de Cedeira organiza, con motivo da celebración do Día do Libro, o curso de escritura creativa “Fala memoria” que se vai celebrar na Biblioteca Municipal López Cortón en catro sesións de hora e media cada unha, os días 23 e 30 de abril e 14 e 28 de maio, de 17.00 a 18.30h. A escritora, guionista e realizadora audiovisual Alicia Freire Vera será a encargada de impartir este programa, que está aberto a todas as persoas interesadas a partir de 18 anos.

O leitmotiv do curso será aprender a tirar do fío da memoria para construír un relato. Partindo dunha imaxe, dunha emoción real ou imaxinaria, as persoas participantes aprenderán fórmulas para espertar a creatividade e escribir as súas narracións. Alicia Freire, que vai impartir o taller de maneira práctica, é autora das novelas “Sobre el muro ata que escampe” e “Lo que vuelve a tierra”, nas que conta a vida da súa familia. Nada en Montevideo en 1970, é filla dun músico cedeirés que emigrou a Uruguay e ela misma fixo ese exercicio de pescudar na memoria para construír ditas historias.

A inscrición para o curso está aberta e pode formalizarse na Biblioteca Municipal. Hai límite de prazas, que se adxudicarán por rigorosa orde de inscrición.

Back to top