Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO DE CEDEIRA LICITA A MELLORA DE ONCE CAMIÑOS MUNICIPAIS CUN ORZAMENTO DE 135.688€

O Concello de Cedeira acaba de publicar na Plataforma de Contratación do Sector Público o expediente de licitación da obra de mellora da pavimentación de once camiños de titularidade municipal. A actuación, que se aborda con financiación do POS+2025, afecta a preto de catro quilómetros de pistas repartidas por diferentes parroquias, nos que se vai renovar o tratamento superficial, limpar as marxes, abrir cunetas ou adecuar a drenaxe da auga, segundo a necesidade de cada unha. O orzamento é de 135.688€ (IVE incluído) e o prazo de presentación de ofertas rematará o vindeiro 9 de febreiro.

Os camiños nos que se vai actuar son os 799 e 795, que van de Cimadevila á DP 2202; o 634 da Riba; o 669 de Penadaguía-Fragoso-DP 2202; o 676 de Fragoso; o 576 de Penadaguía; o 96 do Beco; o 86 da rúa Floreal; o 163 do Lugar Agrochao a San Cosme de Piñeiro; o 147 do Lugar Agrochao e o 192 de Esteiro ao Camiño Real da Madalena. Son viais de diferente lonxitude, desde os 35 metros do máis curto ata os 810 do máis longo, o que vai de Esteiro ao Camiño Real, tamén con diferentes anchos, de 2,6 a 4,50m.

O proxecto concreta os traballos que se van acometer en cada caso, en función do estado de cada camiño e a intensidade do tránsito rodado, sempre coa finalidade de mellorar a seguridade do tráfico e garantir a durabilidade das solucións adoptadas. O prazo de execución do contrato será de cinco meses.

Entre os anos 2024 e 2025, o Concello de Cedeira investiu máis de 687.000€ no arranxo de 25 camiños de titularidade municipal e a mellora de seis rúas do casco urbano.

Back to top