O CONCELLO DE CEDEIRA IMPLANTARÁ A REDE SEPARATIVA DE SANEAMENTO NA RÚA MOECHE
O Concello de Cedeira ten listo o proxecto para implantar redes separativas de recollida de augas residuais e pluviais na rúa Moeche, situada no casco urbano, coa intención de superar os atascos que sofren as canalizacións neste punto en momentos de choivas intensas. É unha actuación que se vai executar co respaldo do Fondo de Compensación Ambiental e que ten un orzamento de 91.556,67€ (IVE incluído). O goberno municipal espera executar antes de setembro estas obras, coas que dará un paso máis na implantación da rede de saneamento separativa en todo o casco urbano para mellorar a eficiencia do sistema de depuración e evitar sobrecargas.
As canalizacións de pluviais dos edificios da rúa Moeche verten agora directamente ás beirarrúas. A rede desta vía recolle, ademais, parte da auga de choiva de rúas perpendiculares, polo que en momentos de moitas precipitacións prodúcense atascos. A actuación que se vai executar levará por un lado as augas residuais e por outras canalizacións as pluviais, e abranguerá tamén a renovación da estrada, que se atopa bastante deteriorado e con fochancas, así como a reposición do pavimento das beirrarúas.
O Concello de Cedeira executou nos últimos anos obras similares noutras rúas do casco urbano, coa finalidade de mellorar o funcionamento do sistema de saneamento e contribuír, en definitiva, ao coidado do medioambiente. Están adxudicadas e pendentes de comenzar as das rúas Ortigueira e Ríos Condomiñas, Lamas e Tixón -que se retrasaron polo mal tempo- e con anterioridade realizáronse actuaciones similares nas rúas Viveiro, Cerdido, María Mediadora e Regueiro, entre outras.