Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O CONCELLO AMPLÍA O PRAZO DE INSCRICIÓN NO CURSO DE MONITOR/A DE TEMPO LIBRE QUE COMEZARÁ O 27 DESTE MES

O Concello de Cedeira ampliou ata o 24 de marzo o prazo de inscrición no curso de monitor/a de ocio e tempo libre, cuxo comezo tamén se retrasa ata o día 27 deste mes. O programa desenvolverase nas instalacións do CEIP Nicolás do Río, en horario de tarde os venres e de mañá e tarde os sábados, e proporcionará un título de primeiro nivel recoñecido e esixido pola Xunta de Galicia, segundo o Decreto 50/2000 de 20 de xaneiro sobre normativa en materia de Xuventude. Para apuntarse é preciso ter 18 anos cumpridos e estar en posesión do título da ESO, técnico auxiliar en FP ou equivalente.

Hai 20 prazas, que se adxudicarán por orde de inscrición. As persoas interesadas poden apuntarse a través da sede electrónica do Concello de Cedeira ou ben presencialmente, no rexistro municipal, cubrindo o formulario ao que se pode acceder a través deste link: https://drive.google.com/file/d/1joF0d6INoMjYjlo-WVPDiidxOo3OIlPL/view

O programa é unha iniciativa da área de Promoción Económica do Concello de Cedeira, que está dirixida a facilitar a inserción laboral. Con anterioridade xa se realizara outro curso de monitor/a de tempo libre, así como un de servizo de bar e cafetería, e apoiouse á asociación O Beco na posta en marcha dun programa de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais. Tamén se teñen impartido diferentes cursos de galego para facilitar o acceso aos títulos Celga.

Back to top