Xeorrutas de verán 2025 “Xeoparque Cabo Ortegal”
Este evento xa rematou
-
Data
15 de Agosto de 2025
-
Horario
09:30 - 15:00
O Xeoparque Cabo Ortegal organiza estes meses as Xeorrutas de verán 2025, unha proposta de divulgación científica e turística que inclúe 11 percorridos guiados polos sete concellos do territorio, da man do xeólogo Francisco Canosa.
As Xeorrutas desenvolveranse nos meses de xullo e agosto e será precisa inscrición previa, xa que as prazas son limitadas, mais están abertas tanto á veciñanza como a visitantes interesados en coñecer o patrimonio xeolóxico deste espazo recoñecido pola UNESCO.
O domingo 13 de xullo as xeorrutas pasarán polo Concello de Cedeira coa XeoRuta das praias negras (Teixidelo, Cedeira) – 9:30 a 15:00. E xa en agosto, o día 15, prográmase unha nova edición da Ruta do Granate no mesmo horario.
A inscrición realizarase a través dun formulario en liña, que podedes atopar na páxina web ou nas redes sociais do Xeoparque con información detallada sobre cada actividade. O custo é de 10 € para persoas adultas e 6 € para menores de 15 anos.