VII Encontro de Menores – Programa Amazonas
-
Data
14 de Marzo de 2026
-
Horario
16:30 - 18:30
O 14 de marzo de 2026 celebrarase en Cedeira (A Coruña) unha nova xornada do Programa Amazonas, unha iniciativa para promover o tríatlon feminino entre as máis novas.
Dirixido a nenas alevín, infantil, cadete e xuvenil (nadas entre 2009 e 2016), tanto federadas como non federadas, e tamén a adestradoras con licenza FEGATRI.
Lugar: Praza da Revolta (Cedeira)
Horario: 16:30 – 18:30
30 prazas dispoñibles
Inscrición gratuíta
Durante o encontro haberá xogos de presentación, traballo de técnica e forza para a carreira a pé e un duatlón cooperativo.
Prazo de inscrición: ata o 12 de marzo ás 11:00 h https://fegatri.org/encontro-de-menores-da-vii-edicion-do-programa-amazonas-cedeira-14-03-2026/
Listaxe definitiva: 13 de marzo en www.fegatri.org
Lembra traer bicicleta, casco, zapatillas de carreira e roupa deportiva
Máis info: lideresas-amazonas@fegatri.org