Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

V Edición Concerto “O Universo Diverso do Acordeón”

O Auditorio Municipal de Cedeira acollerá o domingo 28 de decembro de 2025, ás 19:00 horas, a V edición do concerto “O Universo Diverso do Acordeón”, unha cita musical xa consolidada no calendario cultural do Nadal.

No concerto participará o alumnado da Asociación de Acordeóns de Cedeira, a Escola de Acordeóns Andrés Penabad e Cantos de Taberna de Cedeira.

Un evento aberto ao público e pensado para todos os públicos, que pon en valor o talento local e a diversidade musical arredor do acordeón.

Back to top