Teatro Playback
-
Data
17 de Xaneiro de 2026
-
Horario
11:30
La Casa Pepanova acollerá o vindeiro día 17 de xaneiro de 11.30h a 14.00h un obradoiro de introdución ao Playback, xogos para presentarse e soltarse, e a oportunidade de compartir a vosa historia e vela representada no escenario.
O Teatro Playback é un método artístico e humanista que une arte e psicoloxía para crear diálogo e conexión entre as persoas. É un teatro de improvisación contemporáneo, no que os actores representan as historias do público e cada momento da vida merece converterse nunha obra de arte. O método permite desenvolver a empatía, a espontaneidade, a creatividade e a intelixencia emocional. É adecuado para todas as persoas, non se require experiencia actoral previa.
No obradoiro agárdavos unha introdución ao Playback, xogos para presentarse e soltarse, e a oportunidade de compartir a vosa historia e vela representada no escenario.
Reserva a túa praza no 611 281 910