Píscore presenta: Molto Barroco
Este evento xa rematou
-
Data
22 de Febreiro de 2025
-
Horario
19:00
-
Auditorio Municipal
Rúa María Mediadora esquina rúa Convento - Cedeira
Sábado 22 de febreiro ás 19.00h no Auditorio Municipal.
Público xeral (familiar) – Entrada 2,5 € – Venda desde unha hora antes na mesma entrada.
Sinopse:
Molto Barroco é, antes que nada, unha reivindicación das composicións musicais barrocas desde o teatro. Píscore Teatro ofrece a posibilidade de desfrutar, desde o teatro e o humor, da música da época barroca.
Con motivo do baile de petición de man da súa prometida, o Rei encarga ao Compositor da corte unha peza orixinal. Esta solicitude desencadea unha serie de escenas cómicas entre o Compositor e os seus tres músicos de cámara nas que teñen cabida todo tipo de gags, rutinas cómicas e musicais, bailes e ata xogos malabares.
Pero, paralelamente, o espectáculo nútrese doutra sinxela trama, unha sorte de comedia de enredo entre o Rei, a súa prometida e, se cadra, futura Raíla e o Compositor. Un triángulo amoroso que contará coa complicidade dun Bufón de actitude irreverente.
Elenco espectáculo
Pepe Varela, Diego Rosal, Félix Rodríguez, Pablo Cabanelas
Dirección
Fran Rei
Duración minutos
70min
Música Orixinal: Adrián Saavedra
Escenografía: Píscore, Fran Rei , Jorge Lamas
Vestiario: La Canalla
Iluminación: Javier Ayude “Beca”
Teatro físico: Nuria Sanz
Xogos malabares e teatro cómico: Pablo Reboleiro
Coreografía de bailes: Sonia Míguez
Espectáctulo incluído na Rede Galega de Teatros e Auditorios