Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Musical “EL PAIS DE LAS MARAVILLAS”

O sábado 29 de novembro chega ó Auditorio Municipal de Cedeira o musical “EL PAIS DE LAS MARAVILLAS”, escrito e dirixido por Quico Bouza.
Unha historia fantástica ambientada no Ortegal, protagonizada por todas as persoas usuarias da Asociación ASPROMOR, unha entidade social sen ánimo de lucro que presta apoio a persoas con discapacidade intelectual e as súas familias.

Durante hora e media máis de 30 actores con discapacidade intelectual interactúan no escenario con profesionais e afeccionados da música, o baile e a interpretación, para facer realidade esta aventura ilusionante, co obxectivo último de visibilizar e incluír ás persoas con discapacidade na comunidades

As entradas están a venda en ASPROMOR e o propio día da obra.

Prezo da entrada: 5,00 €.

Back to top