Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Merenda de Nadal en Régoa 2025

A Asociación de Veciños de Régoa organiza a tradicional Merenda de Nadal o 13 de decembro, a partir das 18:00 horas, no Local Social de Régoa. As persoas asistentes poderán desfrutar dunha merenda con chocolate quente e churros, perfecta para compartir un momento festivo en comunidade.

O evento inclúe ademais o sorteo dunha cesta de Nadal entre as persoas participantes.
As tarifas son as seguintes:

  • 5 € persoas socias

  • 5 € acompañantes

  • 8 € non socias

  • Menores de 12 anos: de balde

As inscricións deben realizarse antes do día 10 nos seguintes contactos:

  • Lino: 646 076 215

  • Sara: 678 461 067

  • María: 654 733 630

Unha actividade organizada por APADER coa colaboración do Concello de Cedeira.

Back to top