Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Festival de nadal da Rondalla de Cedeira

O vindeiro domingo 14 de decembro de 2025, ás 19:00 horas, celebrarase no Auditorio Municipal de Cedeira o tradicional Festival de Nadal da Rondalla de Cedeira, unha cita musical destacada da programación cultural deste mes.

No evento participarán:

  • Coral Santa Cecilia (Coristanco)

  • Coral Polifónica de Portomarín (Lugo)

  • Rondalla Mugardesa

  • Rondalla de Cedeira

O festival está organizado pola Rondalla de Cedeira e conta coa colaboración da Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, o Xeoparque Cabo Ortegal, o Concello de Cedeira e diversas entidades e comercios locais.

Back to top