Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Festas da Candelaria en Régoa

FESTAS DA CANDELARIA EN RÉGOA

A parroquia de Régoa celebrará os días 7 e 8 de febreiro de 2026 as tradicionais festas na honra á Virxe da Candelaria, cun amplo programa relixioso e festivo.

O sábado 7 de febreiro, ás 13:45 horas, terá lugar a misa solemne con procesión acompañada por Os Montoxos. A continuación celebrarase unha sesión vermú amenizada polo Grupo Jaque. A partir das 21:00 horas, a festa continuará cunha gran verbena a cargo do Dúo Karamba, Gato Piojoso e Grupo Jaque.

O domingo 8 de febreiro, repetirase a misa solemne ás 13:45 horas, seguida do fin de festa cunha sesión vermú longa amenizada polo Dúo Crazy.

Durante toda a celebración haberá unha gran carpa, garantindo o desenvolvemento dos actos independentemente das condicións meteorolóxicas.

Back to top