Espectáculo “Sobria y Serena, el chou”
-
Data
21 de Marzo de 2026
-
Horario
19:00
-
Auditorio Municipal
Rúa María Mediadora esquina rúa Convento - Cedeira
O Auditorio Municipal acolle o 21 de marzo o espectáculo “Sobria y Serena, el chou”. Ás 19.00h.
Arantxa Treus e Jazmín Abuín presentan “Sobria y Serena, el chou”, un espectáculo de moito humor feito con moito amor. “Cómicas, actrices e amigas da alma, xuntamos forzas e risas para facer un percorrido polas nosas vidas e por todos eses elementos na sociedade, na educación e na cultura que nos convertiron nas mulleres que somos hoxe en día. Un espectáculo de sketches, parodias, monólogos, música e moitas cousas máis onde prima a risa, pero onde tamén pretendemos mellorar un pouquiño o mundo recetando, entre broma e broma, unha dose de perspectiva de xénero e unha pastilliña de crítica social.
Somos o dúo cómico Sobria e Serena, aínda que nunca estivemos “sobrias”, e moito menos “serenas”. Sobriedade, serenidade, discreción, silencio, sacrificio… son esas cousas que sempre se agardaron das mulleres polo feito de ser mulleres. Por iso, somos moi conscientes de que se hoxe podemos subir a un escenario con un micrófono a rir a esgalla da vida e de nós mesmas e a falar do que nos da a gana é porque outras loitaron antes para abrirnos camiño. E por iso este show ten un espazo para a eterna gratitude ás nosas maiores.”
As entradas, ao prezo de 5€, poden reservarse de maneira anticipada no número 673 223 415 ou no correo electrónico lucia.picos@cedeira.gal