Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Concerto “José Suárez: suite para unha vida”

O 7 de marzo, sábado, ás 20.00h, o Auditorio Municipal de Cedeira acollerá o espectáculo “José Suárez: suite para unha vida”.

“SUÁREZ” nace da idea de homenaxear a vida e obra de José Suárez, tal vez o fotógrafo galego máis recoñecido internacionalmente.

Un concerto de música orixinal escrita para guitarras executado en directo mentres disfrutamos dun espectáculo de videocreación en vivo con fotografías orixinales dixitalizadas, así como fragmentos de películas en 8mm.

Entrada 2,5€ .
Á venda na billeteira desde unha hora antes.
Back to top