Concerto de Santa Icía 2025
-
Data
22 de Novembro de 2025
-
Horario
19:30
-
Auditorio Municipal
Rúa María Mediadora esquina rúa Convento - Cedeira
Sábado, 22 de novembro ás 19:30 h no Auditorio Municipal de Cedeira.
A Banda de Música Vila de Cedeira ten o pracer de convidarte ao Concerto de Santa Icía 2025, unha velada de cine que che fará vibrar coa mellor música das películas que marcaron a nosa vida.
Este ano é especial: celebramos o noso 30 aniversario!
Acompáñanos nesta viaxe musical e cinematográfica chea de emocións, lembranzas e moita maxia.