Charla informativa sobre o proxecto de xardín litoral na praia da Madalena
-
Data
5 de Marzo de 2026
-
Horario
19:00
-
Auditorio Municipal
Rúa María Mediadora esquina rúa Convento - Cedeira
O Concello de Cedeira convoca a toda a veciñanza a unha charla informativa para presentar o proxecto de xardín litoral na praia da Madalena.
O encontro terá lugar o xoves 5 de marzo, ás 19.00 h, no Auditorio Municipal de Cedeira.
Durante a sesión explicarase a proposta de intervención nas distintas zonas do litoral e abrirase un proceso participativo, no que as persoas asistentes poderán facer achegas, suxestións e propostas.
Entrada libre ata completar aforo.