Cabalgata e recepción de Papá Noel en Cedeira
Este evento xa rematou
-
Data
23 de Decembro de 2025
-
Horario
18:00
O Concello de Cedeira organiza a Cabalgata e recepción de Papá Noel, que terá lugar esta 23 de decembro ás 18.00h, cun percorrido polas principais rúas da vila, en caso de choiva vémonos na sala Áncora.
Un evento especialmente dirixido á rapazada, no que Papá Noel chegará cargado de ilusión para compartir unha tarde chea de maxia, música e ambiente festivo, convidando a toda a veciñanza a participar desta tradicional cita do Nadal.