8M
-
Data
8 de Marzo de 2026
-
Horario
18:30
O Concello de Cedeira celebrará este domingo, ás 18.30h no Auditorio Municipal, o seu acto do 8M, o Día Internacional da Muller, no que vai reivindicar a igualdade real entre homes e mulleres.
- Lectura do manifesto institucional por parte do Equipo de Igualdade do IES Punta Candieira
- Entrega de premios do II Concurso de Carteis 8M
- Performance interxeracional “As que estiveron, as que están e as que virán”