25 de Novembro
-
Data
25 de Novembro de 2025
-
Horario
18:30
-
Auditorio Municipal
Rúa María Mediadora esquina rúa Convento - Cedeira
O Concello de Cedeira organiza este domingo día 23 o acto institucional con motivo do 25 de Novembro, para rexeitar de maneira colectiva todas as formas de violencias machistas e lembrar a todas as vítimas desta lacra.
- Durante o acto, as voluntarias do Punto Lila de Cedeira presentarán “Baixo o Iceberg: visibilizando a violencia machista”.
- Darase lectura ao manifesto institucional.
- Cerrarase o acto cun rexeitamento artístico á violencia contra as mulleres a cargo do grupo Dopaflor.
O Concello convida á veciñanza a asistir e sumarse así a unha mensaxe común de tolerancia cero fronte ás violencias machistas.