Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ACTUACIÓNS FINANCIADAS POLO POS+2025 DEPUTACIÓN DA CORUÑA NO CONCELLO DE CEDEIRA

NOVA 1

A Deputación Provincial da Coruña financia, con cargo ao Plan de Obras e Servizos de competencia municipal (Plan Único de Concellos) do ano 2025, os gastos municipais correspondentes ao alumeado público e á recollida de lixo polo importe de 648.020,75 €.

NOVA 2

A Deputación Provincial da Coruña, dentro do Plan Provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan Único de Concellos) do ano 2025, financia os seguintes investimentos de Gastos Sociais Extraordinarios:

  • -Gasto corrente de Servizos Sociais consistente en axudas de emerxencia social e gastos de persoal auxiliar administrativo, por un importe de 52.376,16 €
  • -Material técnico asistencial para Servizos sociais consistente en camas xeriátricas, colchóns e grúas eléctricas, por un importe de 12.000,00 €
  • -Teléfonos móbiles para o departamento de Servizos Sociais, polo importe de 3.327,50 €

NOVA 3

A Deputación Provincial da Coruña financia, con cargo ao Plan de Obras e Servizos de competencia municipal (Plan Único de Concellos) do ano 2025 (POS+ADICIONAL 4a-GASTO CORRENTE), os gastos municipais correspondentes a limpeza viaria polo importe de 212.782,93 €.

Back to top