Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ABERTO O PRAZO PARA COMUNICAR QUEIMAS AGRÍCOLAS E PEDIR AUTORIZACIÓN PARA QUEIMAS DE RESTOS FORESTAIS AMOREADOS

Estas comunicacións poden realizarse a través da web específica ou chamado ao 012. Como viña sendo habitual, os cidadáns deberán confirmar que se trata dunha “queima correspondente a palla e/ou material natural, agrícola, non perigoso, utilizado en explotacións agrícolas e/ou gandeiras”. No caso de efectuar o trámite chamando ao 012, deberán dar conta tamén desta circunstancia por teléfono.

A maiores, tamén se retoman as solicitudes de autorización para efectuar queimas de restos forestais amoreados. Neste caso, cómpre contar con autorización administrativa.

Tanto as comunicacións como as autorizacións deixarán de ter validez nos días con vento e altas temperaturas.

Back to top