A COMPARSA LOS INFIELES E O GRUPO CARALLETAS LEVARON OS PRIMEIROS PREMIOS DE COMPARSA E GRUPO NO ENTROIDO
A comparsa Los Infieles e o grupo Caralletas foron os gañadores de cadansúa categoría no concurso de disfraces organizado polo Concello de Cedeira e que animou a vila durante a tarde do pasado sábado e máis alá, na verbena nocturna que amenizou a orquestra La Conexión. O xurado outorgou o segundo e terceiro premio de comparsas a O Bosque Máxico de Troula e Os Trasnos de Ortegal, e a Jranxeira Último Modelo e Os Anxos da Cía, respectivamente, en grupos.
O premio para a categoría de parellas foi para Las Águilas e, na sección de disfrace individual, para Ragnar o Vikingo. A comparsa de Los Infieles levou tamén o premio á mellor carroza.
O Concello de Cedeira recorda que o programa de Entroido continúa hoxe á noite cunha verbena que estará amenizada polo grupo Salsarena. A cita será na carpa da praza Roxa a partir das 23.30h.
Mañá, martes 17, haberá atraccións inchables e obradoiros no Polideportivo Municipal, entre as 17.00 e as 20.00h.
Calquera cambio no programa será notificado a través de redes sociais e o Cedeira Informa.