Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

25 de Novembro

O Concello de Cedeira organiza este domingo día 23 o acto institucional con motivo do 25 de Novembro, para rexeitar de maneira colectiva todas as formas de violencias machistas e lembrar a todas as vítimas desta lacra.

  • Durante o acto, as voluntarias do Punto Lila de Cedeira presentarán “Baixo o Iceberg: visibilizando a violencia machista”.
  • Darase lectura ao manifesto institucional.
  • Cerrarase o acto cun rexeitamento artístico á violencia contra as mulleres a cargo do grupo Dopaflor.

O Concello convida á veciñanza a asistir e sumarse así a unha mensaxe común de tolerancia cero fronte ás violencias machistas.

Back to top