Videofórum “Sostendo a vida: persoas coidadoras”
-
Data
8 de Novembro de 2025
-
Horario
19:30
-
Auditorio Municipal
Rúa María Mediadora esquina rúa Convento - Cedeira
Sábado 8 de novembro ás 19:30 no Auditorio Municipal Cedeira.
As persoas que coidan dun familiar dependiente tamén precisan coidarse a elas mesmas. As consecuencias de coidar durante moito tempo a outra persoa poden resultar devastadoras na súa propia saúde, física ou mental.
Por tanto, é crucial que as persoas coidadoras tamén reciban apoio. Isto pode incluír acceso a recursos de saúde mental, oportunidades para descansar e recuperarse, e un recoñecemento máis amplo da importancia do seu traballo. A sociedade debe recoñecer e valorar o papel esencial que desempeñan estas persoas, asegurándose de que teñan os recursos económicos e o apoio necesarios para realizar o seu traballo sen poñer en perigo o seu propio benestar.
Quen coidan son unha parte indispensable da sociedade, proporcionando un apoio vital a aqueles que máis o necesitan. O seu benestar non só benefician aos individuos aos que coidan, senón a toda a sociedade, creando unha contorna máis compasiva e solidaria para tod@s.