Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Festas Cedeira 2025

Este evento xa rematou

  • Venres 1 de agosto ás 20.00h na Praza de Floreal, espectáculo familiar Os Bolechas “O Gran Reto”.
    OS BOLECHAS presentan O GRAN RETO, enmarcada no programa Falaredes 2025 da Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia.
    Os Bolechas regresan coa súa caravana chea de sorpresas e unha nova misión: superar “O gran reto deportivo”. Todo comeza cando aparece un misterioso personaxe que, co seu saco cheo de probas, reta a familia Bolechas a poñerse en forma e dar o mellor de si. Deporte, traballo en equipo e moito humor serán os ingredientes desta aventura sobre rodas.
  • Sábado 2 e 3 domingo 3 Discalz@s polo Festival.
  • Do 4 ao 7 polas mañás na Praza Roxa, semana infantil.
  • Venres 8 ás 19.00h Carreira Popular.
  • Luns 11 ás 20.00h na Praza do concello, pregón a cargo de Protección Civil de Cedeira (25 aniversario) acompañados de AC Buxainas. Ás 22.30h na Praza Floreal, entroido de verán “Discomóbil CDC, Festa da escuma”.
  • Martes 12 ás 20.00h na Praza Floreal, espectáculo familiar Orain Bi “Mute”. Ás 22.30h na Praza Roxa Grupo Claxxon.
  • Mércores 13 ás 18.00h no Paseo da Mariña xogos populares. Ás 20.00 na Praza Floreal, espectáculo familiar Pistacatro “Píllalo”, ás 23.00h na Praza da Revolta Olympus e Brunokavi DJ.
  • Xoves 14 ás 20.00h Praza Floreal, espectáculo familiar Dúo Laos “Otros aires”, ás 22.30h Praza Roxa Origen e Miramar.
  • Venres 15 día da Patroa, ás 12.00h misa cantada coa Coral Virxe do Mar, ás 13.30h na Praza Roxa concerto Banda de Música Vila de Cedeira, ás 19.00h no campo municipal de fútbol “Carmen Maseda” partido amistoso
    na honra de “Carmen Maseda” Cedeira SD / CD Cariño, ás 22.30h na Praza ROxa Fania Blanco Show Los Coleguitas, ás 00.00h fogos de artificio.
  • Sábado 16 ás 11.00h misa e tradicional procesión maríticma coa banda de música Vila de Cedeira, ás 21.00h na Praza Roxa Xurxo Fernandes- Levaino Budiño – Los eternos.
  • Domingo 17 día da xira ás 22.30h na Praza Roxa New York.
  • Luns 18 Jazz na Ría ás 19.00h no Parque dos patos Coro da Rá, ás 21.30h no Parque San Isidro Xan Campos_Amorodios.

Back to top