Charla “Coidarte tamén é maternar. A saúde mental materna”
Este evento xa rematou
-
Data
31 de Maio de 2025
-
Horario
11:00 - 13:00
Sábado 31 de maio de 11.00h a 13.00h na Aula de usos múltiples Polideportivo Municipal.
Inscrición previa:
673 223 415
A maternidade transforma profundamente a vida das mulleres, pero poucas veces se fala do que sucede no seu mundo interior. Esta charla invítanos a reflexionar sobre a importancia de coidar a saúde mental nas distintas etapas do embarazo, o parto e o posparto.
Desde unha ollada respectuosa, empática e con base teórica sólida, abordaranse temas como os cambios que experimenta o cerebro materno, o impacto emocional do puerperio, a transparencia psíquica a depresión posparto…
Tamén falaremos de como o sistema deixou o coidado das nais fóra do centro, e por que hoxe máis ca nunca é necesario recuperar a idea de tribo, de rede, de pares que acompañan, sosteñen e comprenden.
Será un espazo dinámico, informativo e de coidado, de autocoidado, pensado para escoitar, compartir e visibilizar todo aquilo que adoita silenciarse.
Para facilitar a asistencia, haberá servizo de conciliación: as crianzas poderán quedar atendidas mentres as nais participan con tranquilidade.
Porque maternar tamén é un acto de conciencia, e ningunha debería transitalo soa.