Relativo á atención e intervención institucional en situacións de violencia machista
Este formulario ten como finalidade recoller as queixas e reclamacións relativas á actuación, atención ou intervención das institucións que forman parte da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional de Cedeira, co obxectivo de contribuír á mellora da atención prestada e a resposta institucional e evitar a revictimización.
A información facilitada será tratada con rigor e confidencialidade. Recoméndase non incluír datos persoais ou información identificativa de terceiros que non sexan imprescindibles para describir os feitos. As queixas serán trasladadas ás institucións competentes integrantes da MLCI.
A finalidade deste documento é mellorar a atención sen substituír os procedementos formais de reclamación de cada organismo.