Proxección de «The Time of your Life» e coloquio con Simone Jenkinson no III Festival Internacional Cedeira Escénicas
-
Date
16 de Outubro de 2026
-
Time
11:00
-
Auditorio Municipal
Rúa María Mediadora esquina rúa Convento - Cedeira
O 16 de outubro, ás 11:00 horas, o Auditorio Municipal de Cedeira acollerá a proxección de «The Time of your Life», dentro dos encontros do III Festival Internacional Cedeira Escénicas «Dende a nada».
A proxección está pensada especialmente para o alumnado de secundaria, pero estará aberta ao público. Ao rematar, Simone Jenkinson conducirá un coloquio sobre Gecko Theatre, os temas presentes na peza e as diferentes maneiras nas que o teatro pode comunicarnos algo: que vimos, que sentimos, que entendemos e que preguntas ou ideas nos deixou a obra.
Información: enrique.vazquez@cedeira.gal, teléfono 649 876 614.