Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

XII Certame de Pintura Rápida

O vindeiro 30 de agosto de 2026 celebrarase o XII Certame de Pintura Rápida Vila de Cedeira, que contará nesta edición cunha 1ª Edición Especial de Parroquias (Cervo).

A inscrición estará aberta de 9.00 a 11.00 horas na Praza da Marieta. O certame dará comezo ás 10.30 horas e a entrega das obras deberá realizarse ata as 18.00 horas, na sala Áncora – Praza Roxa. O fallo do xurado será ás 19.00 horas. As obras permanecerán expostas ata as 20.00 horas na sala Áncora.

Establécense os seguintes premios:

  • 1º premio: 900 € e diploma.
  • 2º premio: 700 € e diploma.
  • 3º premio: 500 € e diploma.
  • 4 accésits: 100 €.

As bases estarán dispoñibles o 20 de agosto na páxina web www.cedeira.gal

Back to top