Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Cine na Rúa 2026 “Wolfgang (extraordinario)”

Proxecto incluído nos orzamentos participativos)

10 de agosto ás 22.15 h na Praza Floreal.
Tódolos públicos.

Wolfgang, un neno de dez anos cun cociente intelectual de 152 e trastorno do espectro autista, vese obrigado a vivir co seu pai, Carles, a quen non viu nunca, tras a repentina morte da súa nai. Carles afronta o reto con ganas e vontade, pero Wolfgang non soporta a súa desorde nin a súa desorganización e considérao un “baixocen” pola súa falta de intelecto. Así que, ás agachadas, Wolfgang planea conseguir o seu soño: entrar na academia de música Grimald de París, onde estudou a súa nai, e converterse no mellor pianista do mundo.

Back to top