Visita comentada
-
Date
30 de Xullo de 2026
-
Time
12:30 - 13:30
Rematou recentemente no castro Sarridal unha campaña de escavación promovida polo Concello de Cedeira e comeza agora outra que financia a Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta. É unha ocasión excepcional para coñecer o xacemento arqueolóxico e o avance dos traballos, da man do equipo técnico de Axa Arqueoloxía.
Estades invitadxs a acudir a unha visita comentada, sen necesidade de inscrición previa: días 23 e 30 de xullo, o 6 e o 22 de agosto, de 12.30 a 13.30h.