Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Deporte na Rúa

O vindeiro 20 de xuño, a Praza da Revolta acollerá unha nova edición de “Ondiñas na Vila: Deporte na Rúa”, unha xornada de promoción da actividade física e do deporte organizada polo Polideportivo Municipal de Cedeira.

A actividade desenvolverase en horario de 10:30 a 15:00 horas e contará con diferentes espazos nos que as persoas participantes poderán probar disciplinas como fútbol sala, bádminton, tenis praia, voleibol, remo, futbolín, petanca, dachball e baloncesto, entre outras.

Back to top