Mestre Mateo 2026
-
Data
20 de Xuño de 2026
-
Horario
20:00
-
Auditorio Municipal
Rúa María Mediadora esquina rúa Convento - Cedeira
O sábado 20, tócalle a quenda ás curtas de animación. Neste caso a sesión comezará as 20.00h no Auditorio Municipal. Pasarase “Lucus”, unha historia ambientada na cidade de Lugo durante a época de esplendor do Imperio Romano, cunha rapaza loitando para salvar a cidade das meigas e outros personaxes que queren destruíla; “Nuno”, unha peza sobre un bebé que sabe que ten que botar a falar, pero que dubida sobre como facelo; “O corpo de Cristo”, que foi gañadora do premio á mellor curtametraxe de animación, que trata sobre a saúde mental; e “O Mesmo”, na que o reencontro de Mar e Alex dez anos despois do seu paso polo instituto leva a tratar as consecuencias que tivo para ela o feito de que el compartira unha fotografía dela espida. Nesta sesión, todas as cintas son para maiores de 12 anos, salvo “Nuno”, apta para todos os públicos.