Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Mestre Mateo 2026

Este evento xa rematou

Venres 19 de xuño, ás 21.30h no Auditorio Municipal, con entrada de balde. Pasaranse catro curtas: “Abellón”, na que Alex trata de entender o seu lugar no mundo mentres traballa audiodescribindo películas para persoas como Lucía, que é cega de nacemento e que se convirte na súa guía; “Adeus, Berta”, protagonizada por Alicia, que vai a casa dos seus pais para elexir a roupa que levará a súa nai no velorio e se reencontra coa súa irmá Berta, que acaba de saír do centro de rehabilitación; “Algo novo que contar”, que fala da relación amorosa de Xoana con Berta e do seu medo a avanzar nela; e “Curmán”, premiada como a mellor curta da última edición dos Mestre Mateo, que conta a experiencia de Antón cando viaxa á aldea dos seus avós para recibir a primeira comuñón. A primeira non está recomendada para menores de 7 e as outras tres para menores de 12.

Back to top