Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación de dous libros de María Timiraos

Venres, 12 de xuño ás 19:00 horas na Biblioteca Pública Municipal de Cedeira “López Cortón”.
Entrada libre.
A escritora María Timiraos presentará os seus libros “No me rompí del todo: aprender a vivir después del daño” e “No me rompí del todo: las partes que quedaron en silencio”.
Trátase dunhas historias reais sobre a depresión silenciosa, as relacións esgotadas e o proceso de reconstrución emocional.
Aborda temas como a infancia e o acoso escolar. Tamén fala das relacións prexudiciais e das súas consecuencias.
E percorre o camiño da curación das feridas emocionais cando a vida non é doada.
Un encontro para compartir experiencias, reflexións e esperanza.
Back to top