Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Obradoiro “Muller e Saúde”

Auditorio de Cedeira (no 2º andar) acollerá o vindeiro 4 de xuño o obradoiro “Muller e Saúde” promovido pola Escola Galega de Saúde para Cidadáns, dependente do Sergas, coa colaboración do Concello. O programa desenvolverase de 16.30 a 19.30h e abordará cuestións relacionadas coa menopausia e a osteoporose, a prevención xinecolóxica, os factores de risco, a fisiopatoloxía, a alimentación e o exercicio.

Cristina Vázquez Pérez, matrona da Área Sanitaria de Ferrol, impartirá este obradoiro, cuxos obxetivos son mellorar a información e a comprensión sobre os cambios evolutivos na muller, así como previr enfermidades propias do colectivo feminino.

O curso está dirixido á cidadanía en xeral. As persoas interesadas poden inscribirse de balde a través da web da Escola Galega de Saúde para Cidadáns, desde a que se advirte que a actividade non se considera formación continua para o persoal do Sergas.

https://feweb.sergas.gal/FEWEB/InscricionCidadan.aspx?CodCurso=4F7721269A50E8676C0B43C177E7FB76&Titulo=DB6778AB28D7F5CDFBC380D7F10AF28C6C3810868CE655677C8087824DFACEF5&DataComezo=0A8CD541AE1A4F01990B8244A3839096&Localidade=C80ABFBE8DF36BB034D982B1F7A57E54&DInicio=A8BEB0C44CA210551F4533982A964AD7&DLimite=0A8CD541AE1A4F01990B8244A3839096

Back to top