Festas Montoxo 2026
-
Data
7 de Xuño de 2026
-
Horario
14:00
A parroquia de Montoxo celebrará a tradicional Festa do Corpus os días 6 e 7 de xuño de 2026 cun completo programa de música e animación para todos os públicos.
O sábado 6 de xuño, ás 13:30 horas, celebrarase a misa cantada pola Coral Polifónica Eixil. A continuación terá lugar a sesión vermú amenizada polo dúo Veneguay. Pola noite, a partir das 22:30 horas, haberá verbena a cargo dos dúos Veneguay e Calibre.
O domingo 7 de xuño continuará a festa desde as 14:00 horas cunha sesión vermú amenizada polo dúo Venus.